13 Maio 2020
A Xunta inicia a creación do Nodo de Ciberseguridade de Galicia, que ofrecerá servizos a empresas, administracións e cidadáns
Fuente: Amtega
Localidade: Santiago de Compostela
  • A Administración autonómica invita ás entidades locais á sumarse á iniciativa para a que xa estableceu alianzas estatais co Incibe e o CCN
  • Publícase o Informe de Situación da Ciberseguridade en Galicia, que identifica aos axentes do ecosistema galego e as necesitades e retos neste ámbito
  • O 80% das entidades consultadas considera necesario establecer mecanismos de colaboración público-privada para reforzar as capacidades de Galicia neste ámbito
  • Consideran que a creación desta entidade favorecerá o crecemento do sector da ciberseguridade en Galicia, incrementará a concienciación de empresas e cidadáns e o investimento en I+D+i nesta área
  • A Comunidade rexistra en torno a un 4% dos incidentes de seguridade do Estado, situándose na sexta posición no ranking estatal
 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia mantivo no mes de marzo unha xuntanza de traballo con representantes da Federación Galega de Municipios (FEGAMP), das deputacións provinciais, do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e do Centro Criptolóxico Nacional (CCN) para darlles conta dos pasos que está a dar a Xunta para crear o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal e convidalos a sumarse á iniciativa.
 
Coa creación de CIBER.gal, a Xunta busca poñer en marcha un modelo de cooperación que, de forma conxunta con outros axentes públicos e privados, impulse a concienciación e a formación de cidadáns e empresas en materia de ciberseguridade; que dea resposta coordinada a retos complexos; que promova a xeración, atracción e retención de talento especializado, e que contribúa ao posicionamento de Galicia neste ámbito a nivel estatal e europeo.
 
Tras esta primeira posta en común, a Amtega remitiu esta semana a proposta concreta de acordo á Fegamp e ás deputacións para a súa posterior sinatura. A Amtega xa asinou sendos acordos de colaboración en materia de ciberseguridade co Incibe e co CCN.
 
Situación da ciberseguridade en Galicia
 
No encontro do pasado mes de marzo presentouse o Informe de Situación da Ciberseguridade en Galicia, no que se identifican os axentes implicados neste ámbito na Comunidade, púlsase a súa opinión sobre os retos e necesidades e sinálase a folla de ruta inicial para a posta en marcha do Nodo e a súa carteira de servizos. 
 
O informe identifica ata 167 entidades relacionadas coa ciberseguridade en Galicia, das que 103 son empresas que ofrecen produtos e servizos de ciberseguridade. Os consultados coinciden na necesidade de incrementar as accións de formación e concienciación á cidadanía.
 
Desde o sector público sinalan a importancia de impulsar proxectos de colaboración público-privada e promover eventos, formación e certificacións no ámbito da ciberseguridade. Desde o sector privado demandan o acceso a instalacións e infraestruturas comúns e a posibilidade de facilitar o contacto entre os diferentes axentes.
 
O 80% dos axentes entrevistados consideran que a iniciativa da Xunta de crear un Nodo de Ciberseguridade é unha necesidade e unha proposta moi acertada. Os axentes consultados apuntan que a posta en marcha do Nodo CIBER.gal contribuirá ao crecemento do sector da ciberseguridade na Comunidade, incrementará a  concienciación en empresas e cidadáns,  facilitará  a xeración dunha rede de colaboración e  aumentará o investimento na I+D+i en ciberseguridade. 
 
O Incibe, segundo se recolle no informe, sinala que Galicia rexistra un 4,3% dos incidentes de ciberseguridade identificados no ámbito nacional. Esta porcentaxe sitúa á Comunidade no sexto posto da clasificación estatal, liderada por Madrid, Andalucía e Cataluña, con porcentaxes próximas ao 20%.
 
Servizos para cidadáns, Administracións públicas e pemes
 
O inicio da actividade do nodo CIBER.gal focalizarase na formación e concienciación da cidadanía, as empresas, en especial ás pemes, e ás Administracións públicas, dando resposta ás inquedanzas e necesidades sinaladas polos axentes consultados.
 
Para a cidadanía os servizos centraranse en accións de formación a estudantes e eventos participativos para os diferentes niveis educativos (secundaria, bacharelato, formación profesional e universidade). Ademais, desenvolveranse accións de capacitacións básica no uso seguro das tecnoloxías para persoas maiores.
 
Para as pemes e autónomos a concienciación e a difusión tamén serán eixos prioritarios dos servizos de CIBER.gal, a través de xornadas, en colaboración con outros axentes do Nodo. 
 
Para os concellos e deputacións deseñaranse actividades de capacitación e concienciación para axentes clave destas entidades e formación técnica avanzada para os seus profesionais  dos servizos tecnolóxicos. Ademais, prevese a creación dun Observatorio galego da Ciberseguridade.
 
Ciberseguridade, piar da EDG2030
 
A ciberseguridade é unha das tecnoloxías disruptivas sobre as que pivota a futura Estratexia Dixital de Galicia 2030, en proceso de elaboración. A creación do Nodo de Ciberseguridade de Galicia enmárcase tamén nas directrices europeas para incrementar as competencias da UE nesta materia. 
 
A Xunta de Galicia conta cun Plan Director de Seguridade 2015-2021, que permitiu incrementar a súa capacidade de prevención, detección, resposta e recuperación ante incidentes de ciberseguridade. Entre as últimas medidas do Plan está a posta en marcha do Centro de Servicios de Ciberseguridade, CSIRT. gal, que dá servizo ao sector público autonómico  e forma parte da plataforma CSIRT.es, integrada por 42 centros, entre os que está o Centro Criptolóxico Nacional, o Incibe, a Policía Nacional, Garda Civil e outros organismos, ademais dalgunhas comunidades.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
10 + 2 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores