04 Maio 2020
O CDTIC comeza o mes de maio con catro novas xornadas en liña para pemes e autónomos
Fuente: Amtega

• Teletraballo, ciberseguridade, sinatura biométrica ou comercio en liña centrarán a actividades da primeira semana do mes

•As sesións celebradas ata o momento bateron récords de seguimento, co dobre de asistencia que nas sesións presenciais

• A participación nas xornadas é de balde, previa inscrición na páxina web ou na app do CDTIC

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) continúa a súa actividade de sesións formativas en streaming con catro novas xornadas programadas para a primeira semana de maio. Organizadas en colaboración con diversos axentes tecnolóxicos, estas sesións por streaming están destinadas a pemes e autónomos e, co formato #DemosXweb, teñen como obxectivo fomentar o teletraballo ao longo desta etapa de confinamento derivada da crise sanitaria provocada pola Covid-19.

A programación de maio comezará o día 5 con “Inmersos no teletraballo. Estamos a facelo ben?”. Seguiralle, o mércores 6, unha sesión sobre ciberseguridade, a cargo do Incibe. A consultora tecnoloxía Unayta falará, o día 7, sobre a sinatura biométrica; e o 8 unha sesión abordará o funcionamento da plataforma viguesa de comercio en liña DBarrio.

Todas as actividades están programadas en horario de 10.00 a 10.45, son de balde e calquera persoa interesada pode inscribirse para seguilas na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.es/) ou a través da aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS.

Igualmente, calquera provedor tecnolóxico que desexe facer unha sesión para presentar algún dos seus produtos ou servizos pode tomar a iniciativa e solicitarllo ao CDTIC.

Actividades con récord de participación

Desde a entrada en vigor do estado de alarma celebráronse catorce actividades que tiveron unha grande acollida e nas que se bateron récords de seguimento, pois duplicouse o número de asistentes respecto ás sesións presenciais feitas con anterioridade. Así, a cifra de participantes superou os 1800, o que supón unha media de 134 persoas por sesión.  

Ademais, produciuse unha elevada interacción na maioría delas, coa formulación de preguntas polo chat, atendidas no momento, coma nunha sesión presencial, por parte dos relatores. Para quen non puido seguir en directo estes seminarios, na web do CDTIC están dispoñibles para a súa visualización.

As temáticas abordadas ata o momento foron variadas, sempre relacionadas con aspectos e ferramentas que poden resultar de interese para pemes e autónomos nestes momentos de crise sanitaria, nas que o confinamento incrementa o teletraballo e a actividade en liña. Así, ciberseguridade e privacidade, comercio electrónico, uso de WhatsApp na empresa, comunicación corporativa, xestión de procesos administrativos en remoto, xestión a distancia de proxectos, videoconferencias, aspectos legais do teletraballo ou marketing dixital foron algúns dos temas tratados nas sesións retransmitidas no último mes e medio. 

Emerxencia sanitaria COVID19

A emerxencia sanitaria do coronavirus forzou a moitas empresas a recorrer ao teletraballo. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a través do CDTIC, quere servir de guía para favorecer esta modalidade de traballo publicando, cada día, un post sobre diferentes ferramentas que poden ser de utilidade a todas as persoas que, na actualidade, están recorrendo a esta práctica. Todas estas publicacións están dispoñiñbes a través da seguinte ligazón: https://cdtic.xunta.gal/node/9138.

Centro Demostrador TIC

O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Así, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías.

 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 1 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores