20 Abril 2020
Ferramentas de teletraballo: Meet
Fuente: Amtega
Localidade: Santiago de Compostela

Hangouts Meet é unha aplicación de videochamadas creada para empresas por Google, unha especie de Hangouts premium con funcións avanzadas e máis posibilidades á hora de realizar as chamadas e xestionalas.

Esta aplicación está vinculada a G Suite; polo que as videoconferencias teñen que ser organizadas por un usuario con esta conta de pago, aínda que logo, para acceder a elas no fará falta; é dicir, créase un vínculo para as reunións de forma automática, e se o compartes con outros usuarios, estes poden unirse sen necesidade de ter G Suite.

Funcionalidades

Hangouts Meet ten como límite os 100 participantes coa tarifa básica, coa posibilidade de que sexan máis dependendo do plan de pago que teñas.

Todas as transmisións de vídeo e audio están cifradas para protexer o contido das reunións, e podes participar tanto desde a versión web a través de meet.google.com como desde as aplicacións para Android e iOS.

Hangouts Meet tamén permite programar reunións poñéndoas no calendario de Google, e nas versións de tarifa Enterprise de G Suite, tamén se crea un número de teléfono para non necesitar datos para participar por voz.

Vantaxes e inconvenientes

Entre as vantaxes de Hangouts Meet destacan as seguintes:

  • Permite reunións en liña de ata 250 participantes.
  • Transmisión en directo de videoconferencias con ata 100.000 espectadores.
  • Pode gravar as reunións e conservalas en Google Drive.
  • Interfaz sinxela, para que poidas centrarte en realizar tarefas habituias.
  • Reunións seguras, todas as emisións de video e audio están cifradas, polo que os usuarios poden unirse de forma segura.
  • Podes utilizala desde calquera dispositivo.
  • Funciona completamente no navegador sen necesidade de instalar ningún software ou complemento.
  • Permite que persoas usuarias con outros sistemas de reunión como Skype for Business, Polycom ou Cisco poidan unirse a unha reunión Meet por medio da plataforma de Pexip Infinity.

Os principais inconvenientes son os seguintes:

  • Tes que ter unha conta de G Suite para poder organizar unha reunión.
  • Aínda que tes a túa disposición un repositorio de preguntas frecuentes para resolver as túas dúbidas sobre a marcha, é moi complicado contactar cun representante de soporte técnico.

Podes saber máis a través dos seguintes enlaces:

https://gsuite.google.com/intl/es-419/products/meet/

https://www.xataka.com/basics/google-hangouts-meet-que-que-se-diferencia-hangouts-clasico

 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 1 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores