Zoom é unha plataforma de vídeo e audioconferencia en liña para empresas, profesionais e colectivos que precisan manter reunións. Zoom funciona directamente desde o navegador, pero tamén ten unha app para iPhone/iPad, Android, complemento de Outlook e extensións para navegador.
Zoom conta cunha versión básica de balde, pero se queres máis funcionalidades, podes acceder a algunha das versións de pago que ofrece (pro, business e enterprise).
A súa versión de balde permite:
-
Ata 100 participantes
-
Reunións de 1 a 1 ilimitadas
-
Reunións en grupos con límite de 40 minutos
-
Funcións de videoconferencia
-
Funcións de colaboración web
Funcionalidades
As funcionalidades que ofrece esta ferramenta son moi útiles e variadas. Entre elas podemos destacar as seguintes: programación e gravación de reunións, posibilidade de compartir pantalla, encerado virtual, chat, modo lado a lado (que mostra ao mesmo tempo a pantalla compartida e o vídeo da túa webcam), xestión das persoas participantes, fondo virtual, integración do calendario e transmisión en directo por Facebook Live e YouTube (nas súas versións de pago co complemento de seminarios “web en vivo”).
Vantaxes e inconvenientes
Entre as vantaxes de Zoom destacan as seguintes:
-
Nos plans máis completos podes incluír ata 1000 participantes por sesión.
-
Pódense configurar distintos niveis de visibilidade.
-
Dispón tanto de vídeos titoriais e de capacitación para o teu equipo como soporte técnico.
Os principais inconvenientes son os seguintes:
-
Debes crear unha conta na plataforma.
-
Aínda que a interface é sinxela e intuitiva, pode haber persoas que precisen unha introdución ao sistema.
-
A calidade do audio e do vídeo varían en función da calidade da conexión dos participantes.
-
Na actualidade, estanse poñendo en dúbida as medidas de seguridade que emprega a ferramenta, tanto para cifrar as conversas como no relativo á cesión de datos a terceiros (Facebook).
Podes saber máis a través das seguintes ligazóns: