Trello é un programa xestor de proxectos, simple, útil e sinxelo. É unha aplicación multiplataforma, que se pode usar con smartphone, equipo PC, tableta. Inda que dispón dunha versión de pago a súa modalidade gratuíta é moi completa.
Ofrece integracións con ferramentas externas, coma Google Drive, Gmail, Dropbox, Slack, Evernote, Map, Calendar, entre outras moitas.
Este software permite organizar proxectos en taboleiros dinámicos con listaxes de tarefas, baseándose na metodoloxía áxil, Kanban, que emprega cartóns para xestionar, de maneira visual, a realización de tarefas.
Funcionalidades
Como xa indicamos, Trello basease principalmente en taboleiros, aos que representa un proxecto ou lugar no que manter o seguimento do traballo. Dentro dos taboleiros divídense en listaxes, no exemplo da metodoloxía áxil, Kanban, serían estas tres:
Cada unha das listaxes dispón de cartóns, que son os elementos fundamentais, e que se empregan para plasmar ideas ou tarefas a realizar.
Todos estes elementos permiten traballar de xeito dinámico e intuitivo entre todas as persoas do equipo de traballo, asociando cartóns aos responsables de cada tarefa, e visualizando rapidamente o estado da tarefa.
Permite infinidade de funcionalidades para mellorar todos estes elementos, como datas de finalización por cartón, visualización dun calendario, integración con ferramentas externas, co correo electrónico, cambios de deseño, enlazar arquivos ou imaxes, creación de checklists, comentarios a cada elemento, entre outros.
Vantaxes e inconvenientes
Entre as vantaxes de Trello destacan as seguintes:
-
Conta cunha versión gratuíta moi completa.
-
Permite xestionar proxectos dun xeito moi sinxelo.
-
É intuitivo
-
Permite a integración con ferramentas externas.
-
É unha ferramenta moi dinámica que permite encaixar en calquera tipo de organización de traballo.
-
Facilita o traballo en equipo
-
Visualización dun calendario coas datas de entregas intermedias e finais.
Os principais inconvenientes son os seguintes:
-
É necesario ter unha conta de usuario.
-
Como toda ferramenta de xestión de proxectos o seu éxito radica en que realmente sexa empregado polos integrantes do mesmo.
Podes saber máis a través dos seguintes enlaces: