26 Marzo 2020
Ferramentas de teletraballo: Nextcloud

Descrición da ferramenta

Nextcloud é un dos máis populares aplicativos de creación de nubes persoais ou privadas; é dicir, é unha solución para a creación dun servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube, unha alternativa a servizos como Dropbox ou Google Drive. Esta solución naceu en Abril do 2016 como unha bifurcación de OwnCloud liderada polo creador orixinal do mesmo deixando así a empresa que creara 6 anos atrás. O seu obxectivo era que o proxecto fóse máis aberto á comunidade. Dende entón ten evolucionado e presenta pequenas diferencias con respecto á solución OwnCloud e ten unha ampla comunidade de desenvolvedores que o avalan.

Con Nextcloud a empresa dispón do seu propio servizo onde almacenar, controlar e sincronizar os seus ficheiros entre múltiples dispositivos e compartilos cos seus compañeiros de traballo, clientes, amigos... e todo baixo os seus propios criterios de privacidade, seguridade, políticas de uso, seguimento etc. Desta forma, non se está a ceder o control dos ficheiros e os datos persoais a grandes organizacións cos seus particulares termos de servizo, os seus intereses comerciais e mesmo estar suxeitos á “Patriot Act”, pola que as autoridades dos Estados Unidos poderían solicitar acceder aos datos.

Funcionalidades

  • Sincronización de arquivos entre divAlmacenamento compartido de ficheiros na nube.
  • Calendario compartido.
  • Capacidade de edición colaborativa en liña de documentos.
  • Xestión de contactos.
  • Control de cambios: leva un rexistro dos cambios realizados nos ficheiros polos distintos usuarios.
  • Visor de documentos: visualización de ficheiros en formato estándar aberto OpenDocument dende a interface de Nextcloud.
  • Cartafoles públicos: posibilidade de compartir un cartafol publicamente con usuarios non rexistrados no servidor de Nextcloud.

Ventaxas e inconvenientes

Entre as vantaxes de Nextcloud destacan as seguintes:

  • É completamente gratuíto
  • Últimas medidas de seguridade e sistema de encriptación para garantir a privacidade.
  • Sistema de envío e recepción de arquivos de maneira segura e privada. Posibilidade de envío de arquivos protexidos por contrasinal. Posibilidade de recibir notificacións no teléfono ou escritorio. Os arquivos son encriptados na transmisión e opcionalmente durante o almacenamento
  • Deseñado seguindo as leis e políticas de privacidade, encriptación, tratamento de datos, capacidades de xestión e auditoría de usuarios. Cumpre coa nova GDPR.
  • Control total para o administrador: Estado e rendemento de Nextcloud, rexistros de actividade de usuarios, xestión de permisos por usuario e roles
  • Dispoñibilidade de Apps móbiles para Android e iOS e sistemas de escritorio para Windows, Mac e Linux, para sincronizar e compartir arquivos de maneira segura a través dunha conexión encriptada.
  • Posibilidade de engadir aplicacións (dun só clic) e conexións con Dropbox, Google Drive e Amazon S3.

Os principais inconvenientes son:

  • Require un coñecemento avanzado.
  • Non se poden actualizar partes de documentos, é necesario volver subir o arquivo de novo cos cambios.

Podes saber máis a través das seguintes ligazóns:

https://nextcloud.com/

https://cdtic.xunta.gal/app-ficha/8296

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
16 + 1 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores