25 Marzo 2020
Ferramentas de teletraballo: Jitsi
Jitsi é unha aplicación que che permite facer videoconferencias, usala como solución VoIP e como mensaxería instantánea, tanto a través do ordenador, con aplicacións para iOS e Android, como directamente a través dun navegador web.
 
Distribúese baixo a licenza libre Apache.
 
Podes instalalo no teu propio servidor ou podes empregalo dun servidor público de terceiros como o da propia empresa Jitsi, Greenhost, Framsoft, Disroot, Mayfirst ou autistici. 
 
Funcionalidades
 
Algunhas das principais características de Jitsi son:
  • Posúe cifrado de son.
  • Non é preciso dispoñer dunha conta de usuario rexistrado.
  • As salas pódense protexer con contrasinal.
Vantaxes e inconvenientes
 
Entra as principais vantaxes de Jitsi destacan as seguintes:
  • Dache a opción de compartir o teu calendario.
  • Conta coa vista de pantalla simultánea para que despregues as túas presentacións.
  • Dispón dun chat lateral co que poderás intercambiar mensaxes de forma rápida.
Os principais inconvenientes son os seguintes:
  • A súa interfaz non é moi atractiva.
  • Fallos no chat cando se accede por medio da aplicación.
  • Ao ser un servizo gratuíto pode sufrir caídas inesperadas ou ter problemas no servizo.
Podes saber máis a través dos seguintes enlaces:
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 0 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores