24 Marzo 2020
Ferramentas de teletraballo: Skype
Skype é un software que che permite establecer comunicacións a nivel profesional. É unha aplicación con versións multiplataforma, de maneira que se pode usar con smartphone, equipo PC, tableta ou mesmo en SmartTV, Alexa ou HoloLens. 
 
Trátase dunha solución que posibilita a realización de balde de videoconferencias, voz (VoIP) ou chat, independentemente da localización (calquera lugar do planeta). Conta coa posibilidade de realizar chamadas a teléfonos convencionais (fixos e móbiles), con tarifas de baixo custo, e enviar SMS.
 
Ademais, permite conexións de ata un máximo de 50 persoas (audioconferencia).
 
Funcionalidades
 
Realizando un repaso das súas funcionalidades, atopamos chamadas de audio e vídeo de alta definición; mensaxes intelixentes (con reacción a mensaxes ou utilización de @ para mencionar a un usuario/a); posibilidade de pantalla compartida, un aspecto especialmente útil; gravación de chamadas e subtítulos en directo; e chamadas a telefonía convencional e conversacións privadas, así como a remisión de ficheiros integrados no propio chat. 
 
Vantaxes e inconvenientes
 
Entre as vantaxes de Skype destacan as seguintes:
  • Conta cunha versión de escritorio que fai máis amigable o seu manexo en ordenadores.
  • Permite compartir arquivos e amosar a pantalla do teu ordenador.
  • É gratuíto.
  • Permite realizar gravacións das videoconferencias. Unha vez finalizada a gravación, o vídeo resultante gárdase na nube de Skype e aparece no chat da chamada. Aí estará dispoñible durante 30 días para poder descargalo en calquera momento e gardalo no ordenador.
Os principais inconvenientes son os seguintes:
  • Para utilizalo é necesario ter unha conta específica de Skype ou unha xenérica de Microsoft.
  • Ofrece menos calidade e presenta máis problemas de estabilidade que outros programas de videoconferencia e, ás veces, a chamada non funciona ben ou mesmo se corta.
 
Podes saber máis a través dos seguintes enlaces:
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
18 + 2 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores