17 Xaneiro 2020
O CDTIC da Amtega acolle en febreiro unha nova edición do programa #MesD centrado na mellora de competencias dixitais
Fuente: CDTIC
Localidade: CNTG
Ao longo do mes de febreiro, o Centro Demostrador TIC acollerá catro sesións formativas dedicadas a diferentes competencias para a transformación dixital enmarcadas dentro do programa Crear Futuro de Red.es.
 
Estas actividades conformarán unha nova entrega do programa #MesD, que chega así á súa quinta edición. 
 
A asistencia é de balde, previa inscrición a través da web ou correo electrónico do programa Crear Futuro de Red.es.
 
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza xunto a Red.es a quinta edición de #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes sesións formativas dedicadas a un tema concreto.
 
En febreiro, #MesD centrarase na adquisición de competencias persoais para a transformación dixital con catro actividades: Creatividade e innovación (4 de febreiro); Pensamento crítico (11 de febreiro); Resolución de problemas complexos (18 de febreiro); e Xestión de persoas (26 de febreiro). Todas elas desenvolveranse nas instalacións do CDTIC en Santiago de Compostela en horario de 16.15 a 20.15 horas e terán como destinatarios principais o persoal directivo, xefas/es de proxecto, responsables de equipos ou coordinadoras/es; e profesionais que teñen que tomar con frecuencia decisións ou que queiran mellorar as súas competencias dixitais, así como persoas emprendedoras con negocios en liña.
 
Impartirá estas sesións Red.es, entidade dependente do Ministerio de Economía e Empresa que puxo en marcha o programa Crear Futuro como parte da  iniciativa Profesionais Dixitais, enmarcada dentro das liñas de actuación da Axenda Dixital para España, cuxa finalidade é mellorar a empregabilidade impulsando e favorecendo a adquisición de competencias para a transformación dixital grazas ao manexo das novas tecnoloxías.
 
Para participar nestas actividades cómpre inscribirse a través da web do proxecto Crear Futuro de Red.es ou mandando un correo electrónico ao enderezo crearfuturo@focyl.com. A inscrición é de balde ata que se cubran todas as prazas.
 
 
Programa  #MesD
O programa #MesD é unha iniciativa impulsada desde o CDTIC que consiste nun ciclo de sesións formativas sobre un tema concreto concentradas ao longo dun mes. 
 
Ata o momento organizáronse catro edicións do programa. A primeira delas, celebrada no mes de marzo de 2018, dedicouse ao marketing dixital; a segunda, no mes de xuño do mesmo ano, ao comercio electrónico; a de marzo de 2019 centrouse nas nas redes sociais; e a última delas, de novembro de 2019, tratou o manexo de ferramentas audiovisuais.
 
 
Centro Demostrador TIC
O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Así, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías.
 

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
2 + 3 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores