27 Setembro 2019
A Amtega e a AETG organizan a conferencia “A revolución da intelixencia artificial na medicina actual” con Humberto Bustince

• O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Pública de Navarra e profesor honorario da University of Nottingham estará o 3 de outubro na Cidade da Cultura

• O evento está dirixido tanto a profesionais do sector tecnolóxico como ao resto de sectores e por suposto á cidadanía en xeral e ás administracións públicas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan o vindeiro 3 de outubro a conferencia “A revolución da Intelixencia Artificial na medicina actual”, que forma parte do programa de transferencia de coñecemento sobre novas tendencias tecnolóxicas dentro do convenio de colaboración asinado ente ambas entidades.

O relatorio terá lugar o próximo na Sala Eisenman da Cidade da Cultura  ás 11.30 da mañá e será impartida polo catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Pública de Navarra e profesor honorario da University of Nottingham (Reino Unido), Humberto Bustince. Responsable e fundador do grupo de investigación da UPNA sobre Intelixencia artificial e Razoamento Aproximado ( GIARA), Bustince é autor de máis de 250 artigos científicos e foi recoñecido este ano co Premio Nacional de Informática.

No evento presentarase o efecto que a Ciencia dos Datos e o Big Data están a ter na medicina e analizarase o novo concepto de medicina personalizada, ou de precisión, á que están dando orixe. Ademais, Humberto Bustince detallará proxectos que xa foron realizados e algunhas liñas futuras, sen esquecer as súas implicacións éticas e técnicas.

Destinatarios e inscricións

A xornada está dirixida tanto a profesionais do sector tecnolóxico como ao resto de sectores e, por suposto, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas. As persoas interesadas deberán confirmar a súa asistencia enviando un correo a  comunicacion@aetg.gal

Servizo de asesoramento a concellos 

Esta conferencia nace como unha iniciativa da Oficina Concellos xestionada pola AETG no marco da súa colaboración coa Amtega.

A Oficina Concellos ofrece un servizo de asesoramento e soporte especializado sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. Calquera concello que precise de axuda neste ámbito pode chamar ao teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h ou ben enviar a súa consulta ao enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
2 + 16 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores