11 Setembro 2019
Feijóo anima ao tecido industrial galego a seguir apostando pola innovación e garante que nese camiño conta co apoio da Xunta
Fuente: Xunta
Localidade: Vigo

Destaca o obxectivo da Axenda Industria 4.0, “coa que buscamos a mobilización de 900 millóns de euros e a creación de 13.500 empregos nos próximos catro anos”

Avoga por redobrar os esforzos para implementar a formación e especialización dos traballadores, para que esta se axuste constantemente ás necesidades que marca a Industria 4.0
 
“Hoxe Galicia é innovación cando falamos dos sectores máis tradicionais da nosa economía, como poden ser a automoción, o naval ou o agroalimentario; e cando falamos dos ámbitos emerxentes, como o biotecnolóxico ou o aeronáutico”, di
 
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe, durante o acto inaugural de Mindtech 2019, ao tecido industrial galego a seguir apostando pola innovación e aseverou que nese camiño a industria galega conta co compromiso inequívoco da Xunta. Un compromiso, dixo, reflectido na Axenda Industria 4.0, “coa que buscamos a mobilización de 900 millóns de euros e a creación de 13.500 empregos na Comunidade nos próximos catro anos”, explicou, recordando tamén, a modo de exemplo, que a posta en marcha da Axenda 4.0 en 2014 axudou a preto de 9.000 empresas e creou 19.300 novos empregos industriais.
 
Así mesmo, e no eido da formación, destacou os plans específicos que, desde a Administración autonómica, se están a desenvolver para a industria naval, forestal e a automoción e que están a permitir formar, desde 2017 a máis de 8.600 persoas.
 
“A nosa posición como axentes claves debe ser a de facultar ás industrias cun corpus administrativo que subliñe as necesidades inmediatas, tenda pontes para o crecemento e ofreza solucións unívocas para a consecución dos seus obxectivos”, abundou.
 
Feijóo avogou por redobrar os esforzos para implementar a formación e especialización dos traballadores, para que esta se axuste constantemente ás necesidades que marca a Industria 4.0. E lembrou que a automatización e a robotización comezan a ser parte xa da gran industria nacional, ata o punto de que, nos próximos anos, suporán a creación de ata dous millóns de empregos novos.
 
Logo de referirse a Mindtech como unha exhibición de potencia creativa, de resolución tecnolóxica e de oportunidade económica e comercial, Feijóo concluíu aseverando que “hoxe Galicia é innovación cando falamos dos sectores máis tradicionais da nosa economía, como poden ser a automoción, o naval ou o sector agroalimentario; e, tamén, cando falamos dos ámbitos emerxentes, como o biotecnolóxico, o aeronáutico ou o sanitario”. Ao respecto, destacou exemplos como: o primeiro coche autónomo do mundo, resultado do traballo conxunto do CTAG e PSA, e que iniciou o seu percorrido en Vigo; a construción de barcos na que Galicia é un referente, con máis da metade dos contratos do naval de España; ou o traballo do Polo aeroespacial de Rozas.

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
5 + 9 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores