08 Xullo 2019
Alastria e a Amtega abordan nunha xornada as oportunidades e os retos da tecnoloxía blockchain para sectores estratéxicos da economía galega
Fuente: Amtega
O vindeiro mércores a Cidade da Cultura acolle o encontro, organizado por ambas entidades, no que se presentarán casos de uso e retos no sector bancario, alimentario e da Administración
 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Alastria organizan o vindeiro mércores, na Cidade da Cultura, unha xornada sobre os retos e oportunidades que ofrece a aplicación da tecnoloxía blockchain en distintos ámbitos estratéxicos de Galicia.
 
No encontro, que será inaugurado pola directora de Amtega, Mar Pereira, e a presidenta de  Alastria, María Parga. presentaranse exemplos da aplicación de blockchain no sector bancario, da man de ABANCA. Ademais, lanzaranse distintos retos por parte do sector público e privado nos que o blockchain pode ofrecer solucións que melloren a transparencia e a seguridade.
 
Desde a Administración autonómica as propostas orientarase á aplicación do blockchain á  trazabilidade alimentaria, así como as posibilidades que ofrece desta tecnoloxía para mellorar a transparencia e automatización da Administración. Desde o ámbito privado, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Marisco (Anfaco) proporá liñas de actuación nas que o blockchain pode axudar ao sector.
 
Os interesados en asistir á xornada, poden escribirse mediante un correo electrónico a dirección solucions-sectoriais.amtega@xunta.gal cos datos do asistente, e a organización ou empresa á que pertence.
 
Difusión da tecnoloxía blockchain
 
Esta xornada enmárcase nas actuacións previstas no convenio de colaboración asinado o pasado mes de marzo pola Amtega e Alastria, para obxectivo aplicar a tecnoloxía blockchain á xestión pública.
 
Entre os compromisos adquiridos por ambas entidades está o de sumar esforzos para facilitar  un mellor coñecemento e difusión do blockchain no ecosistema dixital galego así como explorar as posibilidades de mellora da actuación administrativa e a prestación dos servizos públicos a través da utilización desta tecnoloxía.
 
Alastria é un consorcio multisectorial sen ánimo de lucro, conformado por preto de 300 entidades, entre empresas, administracións públicas e universidades, que  ten como obxectivo fundamental favorecer a implantación, estandarización, protección e utilización do  Blockchain en España acorde co regulamento europea.
 
Blockchain
 
O blockchain é unha tecnoloxía que permite gardar “bloques de información” conectados entre si en diferentes equipos, en lugar de condensar toda a información nun só lugar. Así, se se producise un fallo nunha plataforma de almacenamento, existen copias da información noutros lugares, o que o fai máis seguro que un sistema normal.
 
Ademais, a información está cifrada e non existe a posibilidade de eliminar ou modificar a xa existente só engadir nova, o que favorece a transparencia. As principais vantaxes desta tecnoloxía son a eliminación de intermediarios, a ausencia de posicións dominantes e o aumento da contorna de seguridade nas operacións.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 0 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores