01 Febreiro 2019
Publicada unha nova convocatoria de Reacciona TIC 4.0
Fuente: Igape

O IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) ven de publicar unha nova convocatoria de Re-acciona TIC 2019 / Industria 4.0. Estes servizos están orientados ás empresas que queiran mellorar a súa competitividade a través da integración das tecnoloxías 4.0.

O vindeiro 5 de febreiro terá lugar na sala da Biblioteca do IGAPE unha xornada interactiva con demostracións das posibilidades reais destas tecnoloxías e achegaranse as novidades e os casos de éxito dos tres servizos 4.0 dispoñibles.

Para máis información prema aquí.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital