02 Decembro 2018
A Amtega publica o mapa de demanda temperá da plataforma que permitirá á televisión pública autonómica ofrecer contidos dixitais innovadores
Fuente: Amtega
O documento é o resultado das consultas preliminares ao mercado dentro do proceso de Compra Pública Innovadora lanzado este ano por ambas entidades
 
Permitirá a ofrecer contidos interactivos de calidade que contribúan a mellorar á experiencia formativa de rapaces en idade escolar
 
Crearanse contidos multimedia adaptados aos comportamentos dos usuarios grazas ao emprego de técnicas de análise baseadas en Big Data
 
O seguinte paso será a licitación desta solución, prevista para principios do ano 2019
 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar o Mapa de Demanda Temperá para deseñar unha plataforma de contidos interactivos para a Televisión de Galicia, que ofrecerá aos máis novos novas experiencias didácticas adaptadas aos hábitos de consumo actuais.
 
Este documento, dispoñible na web da Amtega, é o resultado das consultas preliminares ao mercado dentro do proceso de Compra Pública Innovadora lanzado este ano por ambas entidades. O Mapa recompila as ideas achegadas polas 20 entidades (empresas e agrupacións de empresas) que participaron no proceso. Coa súa publicación anticípase ao mercado o plan de contratación previsto pola Amtega á hora de licitar este proxecto.
 
O seguinte paso será a publicación da licitación que está prevista para o primeiro trimestre do ano 2019 por un importe máximo de 1.780.000 euros.
 
Contidos dixitais interactivos
 
Con esta iniciativa a televisión pública autonómica contará cunha plataforma que lle permitirá ofrece contidos divulgativos de ámbito científico e tecnolóxico para rapaces en idade escolar.
 
Empregará técnicas de Big Data e Intelixencia Artificial que permitirán analizar os comportamentos da audiencia e crear experiencias personalizadas.
 
Ademais, para mellorar a experiencia de usuario incorporaranse as segundas pantallas, así como a creación de contidos específicos baseados nas últimas tendencias tecnolóxicas como a realidade aumentada, realidade virtual, hologramas etc...
 
Plan DicoMindset
 
Esta iniciativa enmárcase no Plan de impulso ao sector dos contidos dixitais, DicoMindset, que está a desenvolver a Amtega, en colaboración con distintas entidades do ámbito público (Igape, CRTVG, Agadic, etc.), que se estende tamén aos actores do ámbito privado (Clúster TIC, Clúster Audiovisual, empresas tractoras, etc.). En total, DICO Mindset conta cun investimento de máis de 13 millóns de euros, dos que máis de 1,6 millóns de euros se corresponden con capital privado, no período 2018-2020. 

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital