AceleraTIC. Sesión 4. Transformando dixitalmente a canle de venda da nosa peme. O comercio electrónico como unha alternativa estratéxica

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia -  Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
 
Nesta cuarta sesión os obxectivos perseguidos son: comprender as claves da estratexia de vendas en liña; coñecer como se está integrando a canle en liña coa canle física tradicional en diversas industrias; aprender a discernir cales das estratexias de prezo e servizo en liña cadran co negocio do asistente e cales non; ser capaz de recoñecer os principais procesos e escollos no desenvolvemento dun proceso de integración da tenda en liña con outros asistentes da compañía; e, en definitiva, entender que competencias e organización son necesarias para comandar a canle en liña. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Importancia do comercio electrónico en España
  • Estratexia en liña no sistema de valor
  • A creación de ingresos da canle en liña
  • Estratexia de xeración de tráfico, de mellora da taxa de conversión, de mellora do carriño medio, estratexia de aumento de recorrencia
  • A ecuación de marxe bruta da canle en liña

IMPARTE:

Carlos Otero Barros
Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade Autónoma de Madrid. MBA por IESIDE. Foi director xeral e co-fundador de Fractal Info Enxeñeiros. Actualmente é director de Marketing de Alotofus e profesor colaborador de ESIC, ESEUNE e IESIDE.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital