23 Novembro 2018
Red.es lanza unha convocatoria de axudas para o asesoramento na dixitalización das pemes
Fuente: Red.es
Red.es abre a convocatoria do programa “Asesores Dixitais”, cuxo obxectivo é impulsar a transformación dixital do tecido empresarial español, mediante a contratación dun asesoramento personalizado e enfocado á dixitalización de todos os procesos que integran cada negocio.
 
Red.es financiará ata o 80% do custo dos servizos de asesoramento especializado en materia de transformación dixital, cun máximo de 5.000 euros por beneficiario; o 20% restante, como mínimo, correrá a cargo da peme.
 
As axudas previstas no marco de “Asesores Dixitais” executaranse en paralelo á iniciativa “Oficinas de Transformación Dixital” para a que foron seleccionadas 27 entidades ao longo de toda España, co obxectivo de fortalecer o ecosistema de soporte á peme en materia TIC, ofrecendo servizos de dinamización e apoio no seu proceso de transformación dixital.
 
O prazo para presentar solicitudes finaliza o 20 de decembro de 2018.
 
Para máis información, prema aquí.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital