AceleraTIC. Sesión 3: Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme.. Nuevas canles de comunicación co cliente. Social Media.

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia -  Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
 
Terceira sesión do programa AceleraTIC sobre Redes Sociais e Social Media
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Social Media Marketing
  • Contorna actual do marketing en liña
  • Estratexia e plan de marketing dixital
  • Canles e medios dixitais para comunicarnos cos clientes/persoas usuarias:
    • Estado actual do social media
    • Optimización, como xerar alcance e crear oportunidade
    • Community management, funcións, tarefas, operativa e ferramentas
  • Análise de uso das principais redes sociais: Facebook, Instragram, Twiter, Linkedin
  • Contido e planificación
  • Social ads:
    • Introdución a social ads
    • As plataformas implicadas
    • Analizando propostas efectivas
    • A segmentación
    • Crear anuncios en Facebook, Twiter, Linkedin e Instagram
    • Estatística
    • Tips e claves

IMPARTE:

Javier Varela
Consultor de Marketing, Estratexia e Comunicación en Toctocmedia, axencia especializada en mercadotecnia e comunicación en liña.
Traballou en multitude de proxectos de marketing e marketing en liña para importantes marcas e empresas privadas, así como para institucións públicas. Entre eles, desenvolveu e colaborou en accións para Volkswagen, Absolut, Telefónica, Iberia, Havana Club, Gradiant, Fundación Altius, Lizarrán, Albariño Paco & Lola, Conservas Calvo, Meubook, AERCO, Igape, Femxa, Empresa e Finanzas Galicia, e participou en dinamización de campañas na web 2.0 para empresas como Destinia, Monster, McDonalds, Noogle, Spoonch, Escola de Creativos Complot de Barcelona etc.
É relator habitual en foros e congresos de mercadotecnia, así como formador nesta disciplina en diferentes centros e escolas de negocios. É administrador do blog The orange market.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital