Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a Nova Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n) e aulas CeMIT

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer as claves dos principais servizos da administración dixital e as novidades implantadas na sede electrónica da Xunta de Galicia, para que, posteriormente, as persoas participantes na formación (responsables das aulas CeMIT, aliados dixitais do Plan de inclusión dixital de Galicia e persoal dos concellos) poidan organizar novas actividades formativas dirixidas á cidadanía para fomentar o uso da Administración electrónica, así como facilitar o labor de acompañamento e formación.

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Os sistemas de identificación e sinatura electrónica: certificados electrónicos e  Chave365.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia: a nova interface e a xestión dos trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
  • Notifica.gal: trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
  • Outros sistemas de Administración electrónica.

 

A sesión retransmitirase ás seguintes aulas CeMIT:

  1. Boiro
  2. Caballedo
  3. Celanova
  4. Fisterra
  5. O Porriño
  6. Bande
 
Será necesario que as persoas asistentes leven o seu DNI electrónico, un certificado electrónico en vigor e mais a clave para o seu uso.
 
As persoas que o precisen poderán actualizar o certificado ou a clave nuns minutos e sen cita previa nunha oficina de expedición do DNI.
 
As persoas dadas de alta no sistema Chave 365 https://sede.xunta.gal/chave365 tamén poderán empregalo coa clave persoal e o teléfono móbil
 

IMPARTE:

Carmen Méndez Digón
Departamento de Administración Electrónica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
 

 

 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital