18 Setembro 2018
Ao remate de 2018 o 85% da superficie empresarial da provincia de Lugo terá acceso á redes de internet ultrarrápida
Fuente: Amtega
  • O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo unha xuntanza coas asociacións de empresarios dos polígonos de Sarria que xa dispoñen desta cobertura co apoio da Xunta (Amtega) e o operador R
  • Na provincia xa se benefician desta actuación 11 polígonos industriais e no que falta de ano chegarase a outros 3 máis acadando un total de 14 polígonos lucenses

O desenvolvemento do Plan de Banda Larga da Xunta permitirá que, ao remate deste ano, o 85% da superficie empresarial ocupada da provincia de Lugo teña acceso ás redes de internet ultrarrápida, isto é de máis de 100Mbps.

Así o destacou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante a xuntanza que mantivo coa asociación que agrupa aos empresarios dos polígonos industriais de Sarria (O Morelle e San Xulián de Veiga) que veñen de beneficiarse recentemente desta ampliación de cobertura.
 
A modo de balance o delegado explicou que, na provincia de Lugo xa se benefician desta actuación 11 polígonos industriais e no que falta de ano chegarase a outros 3 máis, acadando un total de 14 superficies empresariais conectadas a redes ultrarrápidas.
 
Será así grazas ao compromiso da Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R. As empresas dos polígonos beneficiados desta medida do Plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
 

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital