02 Xullo 2018
O CDTIC ofrecerá dúas sesións #DemosXweb en xullo

Este mes de xullo o CDTIC ofrecerá a través de streaming dúas actividades #DemosXweb, unha sobre a aplicación Whatsapp e as súas vantaxes para o uso profesional, impartida por Christian Delgado, e outra sobre o  novo RXPD e a nova LOPD, impartida polo despacho de avogados Sistemius.

Estas sesións teñen unha duración aproximada de 45 minutos e pódense seguir dende calquera lugar a través do ordenador, tablet ou smartphone. Ao final destas haberá unha quenda de preguntas para poder resolver as dúbidas xurdidas.

Para poder seguir a sesión hai que estar rexistrado no CDTIC e inscribirse nas actividades correspondentes.

#DemosXweb. Aproveita as vantaxes do Whatsapp para o uso profesional

#DemosXweb. Nova norma de protección de datos: O RXPD e a nova LOPD

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital