29 Xuño 2018
Aberto ata o 31 de xullo o prazo para presentar proxectos a Vodafone Connecting for Good Galicia

A fundación Vodafone manterá aberto o prazo para presentar candidaturas á terceira edición de Connecting for Good Galicia ata o 31 de xullo.
Esta iniciativa da compañía de telecomunicacións e a Xunta, ten como obxectivo que os proxectos dos emprendedores se convertan en produtos reais e despeguen con éxito. Valoraranse especialmente aqueles proxectos que sexan solidarios e cuxos obxectivos estean recollidos na Axenda Dixital 2020.
En cada convocatoria escollerán un máximo de seis proxectos.
Pode consultar as bases da convocatoria ou presentar candidatura premendo aquí.

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital