Axudas á dixitalización da Industria 4.0

Destinatarios: Pemes, autónomos e agrupacións destes
Período de execución: Presentación de solicitudes do 01/06/2018 ate 05/09/2018
Entidade/s promotoras: IGAPE
Descrición:

Finalidade / Obxectivo
Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa o soporte de procesos sectoriais multiempresa, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor e outros que impliquen necesariamente a interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas.

 

Contía das axudas

  • A subvención será do 30% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 20% para as medianas.
  • A subvención será do 50% dos gastos de colaboracións externas subvencionables para ambas categorías de empresa, pequenas e medianas. Os gastos do organismo intermedio previstos no art. 6.1.d), de existiren, terán a consideración de colaboracións externas.

 

Máis información: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP340

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital