24 Abril 2018
O programa ‘Connecting for Good Galicia’ outorga 35.000 euros aos mellores proxectos innovadores da súa segunda edición
Fuente: Amtega
Localidade: Santiago de Compostela
Entre os 6 proxectos participantes a Xunta premiou cunha axuda de 25.000 euros ao “Mellor Proxecto” da convocatoria, que este ano recaeu en it!
 
A Fundación Vodafone concedeu o Premio “Conectados pola Accesibilidade”, valorado en 10.000 euros, aos proxectos 3DAcustic e Sense (z) por ser os que mellor incorporaron os principios de accesibilidade universal
 
As seis iniciativas participantes promoven o desenvolvemento de solucións innovadoras con tecnoloxías accesibles para persoas con discapacidade e persoas maiores
 
O próximo 7 de maio ábrese a convocatoria para a III Edición do programa, ao que poderán presentarse as candidaturas ata o día 31 de xullo
 
O programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ concedeu hoxe 35.000 euros aos mellores proxectos tecnolóxicos da súa convocatoria 2017. Estes recoñecementos foron outorgados no acto de clausura da segunda edición do programa, que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura, nunha xornada na que participado o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta, Francisco Conde; a directora da Amtega, Mar Pereira; o director de Administracións Públicas de Vodafone, Carlos Becker; e do director xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno.
 
‘Connecting for Good Galicia’ é un programa impulsado por Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da Fundación Vodafone España. O seu obxectivo é desenvolver iniciativas emprendedoras de innovación social dixital en calquera dos ámbitos recolleitos na Axenda Dixital de Galicia 2020, valorando especialmente o enfoque inclusivo cara aos colectivos de persoas con discapacidade e persoas maiores.
 
Os seis proxectos participantes da súa segunda edición foron 3DAcoustic, it!, Formadox, Mediación Móbil, Sense (z) e Tapper. Destes seis proxectos, a Xunta de Galicia, a través de GAIN, concedeu unha axuda de 25.000 euros ao mellor proxecto da convocatoria polo seu carácter innovador, traballo en equipo, aproximación ao mercado e aproveitamento do programa na súa execución e posta en marcha. O proxecto elixido it!, é unha empresa de creación e fabricación 4.0 que ofrece servizos integrais de deseño, modelado 3D, fabricación de novos produtos e enxeñería aplicada.
 
Ademais, Fundación Vodafone España outorgou o Premio “Conectados pola Accesibilidade” ao dous proxectos, Sense(z) e 3D Acustic, con 5.000 euros a cada un por ser os que mellor incorporaron os Principios de Accesibilidade Universal.
 
Sense(z) é un dispositivo biométrico que permite a toma de datos e parámetros, tanto fisiolóxicos como alimentarios mediante sensores para a análise pormenorizada dos alimentos para inxerir. Pola súa banda 3DAcoustic proporciona audífonos personalizados con moldes impresos en 3D, conseguindo unha redución nos custos, tempos de produción e unha mellor experiencia de uso grazas a un produto axustado a cada persoa.
 
Todos os proxectos participantes recibiron o diploma acreditativo e un patrocinio de 2.000 euros cada un tras completar o programa de formación e mentoring que se impartiu no espazo ‘Vodafone Connecting for Good’, situado no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
 
No acto celebrado esta mañá, anunciouse tamén a apertura da III Edición do Programa, ao que se poden presentar as candidaturas desde o 7 de maio ata o 31 de xullo. Máis información en: http://www.fundacionvodafone.es/premios/premios-connecting-good-galicia.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital