24 Abril 2018
Red.es lanza un programa de axudas de máis de 10 millóns de euros para a formación dixital
Fuente: Red.es

O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través de Red.es, pon en marcha o “Programa de axudas para impulsar a formación continua e mellora da empregabilidade no ámbito das TIC e da economía dixital”.

Diríxese a entidades que desenvolvan plans de formación para persoas traballadoras, principalmente ocupadas, para a adquisición e mellora de competencias no ámbito da transformación e da economía dixital.
 
Red.es celebrará xornadas informativas ao longo das próximas semanas por diversas zonas do territorio nacional.
 
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 23 de maio ás 23:59.
 
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes en https://sede.red.gob.es.
 
Para máis información, prema aquí.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital