26 Febreiro 2018
O MWC comeza con presenza de sete empresas galegas

Sete empresas da comunidade participan na feira que comeza hoxe en Barcelona

As tecnolóxicas galegas interiorizaron o clima laboral dos grandes xigantes de Silicon Valley e compilan software entre paredes decoradas con cómics e neveiras repletas de refrescos. Este luns acudirán ao Mobile World Congress de Barcelona, a feira de telecomunicacións máis importante do mundo, para demostrar que desde esta esquina do noroeste tamén se pode competir ao máximo nivel.
 
As empresas galegas que asistirán a esta feira son: Igalia, Quobis, Tecalis, Xesol Innovation,Visual Publinet, Improving Metrics e Disashop.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital