31 Outubro 2017
Xa está aberta a convocatoria para participar no Pavillón de España en 4YFN
Fuente: Icex
Localidade: Barcelona
Xa está aberta a convocatoria para participar no Pavillón de España en 4YFN que terá lugar entre os días 26 e 28 de febreiro de 2018.
 
4 Years From Now (4YFN) é a plataforma de negocio de startups organizada polo Mobile World Capital Barcelona que che permitirá coñecer ás startups do teu sector, aos principais investidores e desta forma mellorar o teu networking nun evento no que participan máis de 20.000 persoas de todas as partes do mundo.
  
Entre as vantaxes de participar neste Pavillón de España atópanse os seguintes servizos:
  • Stand Privativo dentro do Pavillón de España.
  • Acceso a zona común onde realizar presentacións e reunións. 
  • 4 entradas de acceso standard. 
  • Formación previa presencial en técnicas de pitching.
  • Posibilidade de participar nunha sesisión de pitching no auditorio central de 4YFN.
O custo de participación é de 1.000€ por empresa + 10% IVE. O importe será necesario para reservar a praza e confirmar asistencia. 
 
Tes ata o 17 de novembro de 2017 para presentar a túa solicitude.
 
Para máis información, prema aquí
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital