11 Outubro 2017
Aberta a convocatoria para participar na Misión Dixital a Helsinki do 28 de novembro ao 1 de decembro
Fuente: Adigital
Aberta a convocatoria para participar na Misión Dixital a Helsinki que terá lugar do 28 de novembro ao 1 de decembro de 2017.
 
O programa da misión inclúe a participación en Slush 2017.
 
Durante a misión tamén se organizarán visitas a aceleradoras, startups e VCs do país. Antes da viaxe celebrarase unha sesión preparatoria en España. Tamén se apoiará a organización de reunións individuais, de forma opcional.
 
Se queres ver como foi a misión de 2016, podes facelo a través de #misionhelsinki.
 
Tes ata o 17 de outubro de 2017 para presentar a túa solicitude.
 
Para máis información, prema aquí.
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital