02 Outubro 2017
Coñece "Facilita RGPD", a ferramenta para axudar ás empresas a cumprir coa protección de datos
Fuente: Axencia española de protección de datos
O Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) comezará a aplicarse en maio de 2018. Coa finalidade de facilitar a adecuación ao RGPD das empresas e profesionais que traten datos persoais de escaso risco para os dereitos e libertades das persoas, a Axencia Española de Protección de Datos pon a súa disposición a ferramenta  Facilita_RGPD.
 
Facilita_RGPD é unha ferramenta fácil e gratuíta. Está plantexada como un cuestionario en liña de 20 minutos de duración co que as empresas e profesionais poden:
  • Constatar a través dunha serie de preguntas que os datos que tratan poden considerarse de baixo risco
  • Obter os documentos mínimos indispensables para facilitar o cumprimento do RGPD ao terminar o test.

Para máis información prema aquí

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital