14 Setembro 2017
O primeiro JoomlaDay de Galicia celebrarase en Vigo o 23 de setembro
Localidade: Vigo
O sábado 23 de setembro de 2017, no Hotel Cidade de Vigo, terá lugar o primeiro JoomlaDay™ de Galicia.
 
Este evento, que organiza o Grupo de Usuarios de Joomla de Vigo, xirará en torno ao xestor de contidos web Joomla!® e todo o relacionado co mundo web. Deste xeito, ao longo do día, a comunidade Joomla! de Vigo poderá aprender, ensinar e, en definitiva, compartir experiencias sobre a aplicación e tendencias deste xestor de contidos web.
 
O JoomlaDay contará coa asistencia de destacadas personalidades procedentes de toda España e será un evento organizado por e para a comunidade, polo que a entrada será gratuíta. 
 
Igualmente, pódese consultar máis información sobre o programa do evento e sobre a inscrición ao mesmo aquí
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital