Mision mexico
11 Xullo 2017
Aberta a convocatoria para participar na Misión Dixital a México que terá lugar do 23 ao 27 de outubro de 2017
Fuente: Adigital
México é un país moi interesante para a realización de negocios pola dimensión do seu mercado interior, con máis de 121 millóns de persoas, e polo crecemento da súa economía: o PIB de México creceu un 2,3% anual en 2016.
 
As actividades que se organizarán en México son: 
  • #CoñecementoMercado: masterclasses que che permitirán avaliar a competitividade da túa empresa no mercado e afondar en como aterrar en México: aspectos legais, investimento, mercado laboral…
  • #Tendencias: sesións orientadas a coñecer as tendencias do mercado local.
  • #CasosdeÉxito: recoñecidos profesionais e empresas estranxeiras incorporadas en México compartirán coa delegación as súas experiencias.
  • #Networking: participación en diferentes eventos profesionais.
  • #AxendaPersonalizada: axenda de reunións personalizada organizada pola Oficina Económica e Comercial de España na Cidade de México opcional con custo adicional.
De forma adicional, en España, previamente á misión, celebraranse tamén actividades: 
  • #XornadaPrevia: sesión preparatoria á viaxe en Madrid para introdución ao mercado, cultura de negocios e oportunidades.
  • #GoOnMéxico: consultaría e informe personalizado para a preparación do proceso de expansión da empresa. O informe inclúe diagnose da empresa para a súa internacionalización, análise do sector en México, competencia e posibles partners e/ou clientes. #GoOnMéxico está incluído no custo de participación e estará dispoñible para un máximo de 8 empresas asignándose por estrito orde de pagamento de confirmación da plaza.
Organizadores:
 
Aidigital, ICEX España Exportación e Inversiones, Red.es e a Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España na Cidade de México (CDMX).
 
Máis información e rexistro:
 
Podes atopar máis información do custo, a axenda de actividades e o enlace ao formulario de inscrición aquí.
 
Tes ata o 22 de xullo de 2017 para presentar solicitude.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital