A relación co cliente e a xestión da experiencia de compra na era da “omnicanalidade”

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

O obxectivo da sesión é que as persoas asistentes coñezan as últimas tendencias e ferramentas que lles poden axudar a transformar o seu negocio ofrecéndolles aos seus clientes unha experiencia de compra axustada ás súas necesidades e intereses reais. Aténdeos de forma personalizada coa creación de novos contextos de relación máis alá da simple transacción comercial.
 

 

 

PROGRAMA:

  • Omnishoppers: radiografía dos novos consumidores
  • Que é unha estratexia omnicanle e como incorporala no meu negocio?
  • Como mellorar os resultados do noso negocio a partir da información obtida da análise do comportamento das visitas dos nosos clientes aos nosos puntos de venda (tenda física ou tenda en liña)?
  • Visualización de casos prácticos

ORGANIZA E IMPARTE:

Neozink 
Neozink (www.neozink.com) é unha axencia de marketing con máis de 20 anos de experiencia no sector, con oficinas en Madrid, Oviedo e A Coruña. 
Neozink conta co aval de ser unha axencia homologada como Google Partner e a certificación como asesores dixitais outorgada pola entidade Red.es, dependente do Ministerio de Economía e Empresa do Goberno de España.
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 1 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores