Zabbix + Grafana, Ferramentas clave para a supervisión de infraestrutura IT e sistemas na empresa

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Santiago de Compostela CDTIC (Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo)

A análise predictiva de erros grazas a unha ferramenta como Zabbix, axuda á mellora de dispoñibilidade de sistemas do seu negocio e aforra tempo na resolución de incidencias. Grazas a unha visualización moi sinxela e simplificada, podemos encontrar a orixe do problema e corrixilo antes de que ocorra. Ademais, permítelle dimensionar a infraestrutura de empresa en base a datos, o que afecta directamente na conta de resultados.
 
 
 

 

 

PROGRAMA:

  • Presentación de Muutech. Quen somos?
  • Problemática e camiño cara á industria 4.0 e a dixitalización
  • Pausa café
  • Plataforma de supervisión baseada en Zabbix e Grafana – MINERVA
  • Casos de uso reais
 
 

IMPARTE:

Muutech Monitoring Solutions S.L.

 
Muutech é unha empresa que brinda solucións de supervisión avanzada enfocada, ademais de a contornos de sistemas de información, a contornos industriais e de produción. Teñen unha plataforma de supervisión baseada en estándares de software libre, así como desenvolvementos propios, cuxa misión é a recollida e a visualización de datos de forma sinxela provenientes de diversas fontes: máquinas industriais, autómatas, sensores, ERP, bases de datos, servidores, equipos de rede etc.
 
 
 

  

Agasol
 
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
5 + 0 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores