Dixitalización de procesos con ferramentas de mobilidade. Infonova

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Sesión esclusivamente por streaming
 

Coñecer como as aplicacións de mobilidade pódennos axudar no noso día a día obtendo máis información do traballo que se realiza fóra de oficina; fichaxes, seguridade e saúde, localización de operarios e ademais, aumentando a nosa produtividade; como nos axuda unha ferramenta de mobilidade a aumentar a eficacia dos procesos, a produtividade dos teus empregados e a redución dos custos

 
 

 

PROGRAMA:

  • Beneficios e vantaxes do uso dunha app de dixitalización.
  • Exemplos prácticos: fichaxes de entrada e saída, seguridade e saúde, inspeccións, xeración de informes, calidade, medio ambiente, prevención...
  • Dúbidas

IMPARTE:

Infonova
Consultora tecnolóxica dedicada á implantación de solucións de negocio adaptadas especificamente ás necesidades de cada un dos seus clientes.

Poñen a disposición as vantaxes das tecnoloxías da información para que poidan optimizar os seus procesos de negocio e incrementar a produtividade dos seus recursos mediante a implantación de solucións de xestión que impulsen a Transformación Dixital do seu negocio.

A relación estratéxica de Infonova con NGI permítelles achegar solucións aos seus clientes que lles axudan a crecer, a ser máis competitivos e estar mellor preparados para os cambios.

 

NGI
Desenvolvedor de MovilGmao, é unha empresa fundada en 1985 con experiencia en consultoría, desenvolvemento e implantación de solucións de software e hardware.
 
Unha filosofía de empresa orientada ao servizo personalizado e a capacidade de adaptación ás necesidades cambiantes do mercado permitiron a NGI evolucionar ao longo do tempo, desde o desenvolvemento de solucións a medida, a distribución de solucións estándar, até o desenvolvemento dunha plataforma para a dixitalización de procesos empresariais.
 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
9 + 2 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores