Só por streaming
Tomar decisión baseadas en suposicións xa non vale. As empresas necesitan reaccionar de forma dinámica ante problemas antes incluso que estes acaezan, e incluso, coa situación actual que vivimos, teñen que ser capaces de asegurar o funcionamento da infraestrutura de TI mentres o seu persoal teletraballa.
Minerva facilita ter de forma centralizada e en tempo real toda a información relevante da empresa, para poder asegurar o correcto funcionamento da infraestrutura e das máquinas, e poder tamén tomar decisións baseadas en datos, e non suposicións.
PROGRAMA:
- Quen é Muutech?
- Por que e necesario hoxe en día o seguimento?
- Minerva, plataforma de seguimento, funcionalidades destacadas
- Casos de aplicación reais
IMPARTE:
Muutech é unha empresa que brinda solucións de seguimento avanzado enfocado, ademais de a contornos de sistemas de información, a contornos industriais e de produción. Minerva é a nosa plataforma de seguimento, e está baseada en estándares de software libre (Zabbix e Grafana), cuxa misión é a recollida e a visualización de datos de forma sinxela provenientes de diversas fontes: máquinas industriais, autómatas, sensores, ERPs, bases de datos, servidores, equipos de rede, etc.
Grazas a todo isto e á nosa experiencia na industria e nas telecomunicacións, en Muutech ofrecemos solucións personalizadas chave en mano para necesidades de negocio onde a importancia de recollida de datos sexa importante e unha clara e simple visualización dos mesmos para a mellora de procesos de calquera po e a rendibilidade dentro da empresa.