#MesD RRSS: Facebook realmente é a raíña das redes sociais?

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

PRAZAS ESGOTADAS. Para entrar na lista de reserva mandar un correo ao enderezo: cdtic@xunta.gal
 
Quen non coñece Facebook? Quen non sabe publicar un contido no seu perfil persoal? O obxectivo desta formación é levar o coñecemento desta rede social a unha escala máis profesional para saber responder, acerca da propia marca ou empresa, a preguntas como:
  • Ten que estar a miña marca ou empresa necesariamente en Facebook?
  • De ser así, creo unha páxina ou mellor unha comunidade?
  • Que contidos debo publicar? Cando? Como? Por onde empezo?
  • Podería xestionar esta parte eu mesmo ou o persoal da miña empresa? É operativo? É prudente?
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • De raíña das redes sociais a campo de batalla
  • O papel de Facebook dentro da estratexia de comunicación en redes sociais dunha empresa. É sempre necesario “estar en Facebook”?
    • O mellor aliado de Facebook, Instagram
    • Son as páxinas a única opción de presenza en Facebook para unha marca ou empresa?
    • Os contidos: tipos de publicación
    • A importancia das frecuencias e as horas de publicación
    • Xestión dos comentarios
    • As crises: xestión de “trolls”
  • Monitorización: está a compensar esta parte do investimento en comunicación? Como optimizalo?
  • Campañas pagadas:
    • Opcións que presenta Facebook
    • Cando elixir cada unha?
    • Seguimento das campañas pagadas
  • Quen debe xestionar a presenza en Facebook da miña marca ou empresa?

IMPARTE:

Arancha Vilas
Licenciada en Publicidade e RR. PP. pola Universidade de Vigo.
Xestora da primeira incursión en redes sociais da IXP Tenreira Galega no ano 2010.
Creadora e xestora da estratexia de comunicación social da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas de 2013 a 2016.
Actualmente, xestora da comunicación social de diversos festivais (Imaxinasons, Kerouac...); de marcas de tecnoloxía, como Elephone Iberia ou Teckstore; e de institucións, como Vigocultura.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital