28 Outubro 2019
O CDTIC da Amtega organiza en novembro unha nova edición do programa #MesD centrado no manexo de ferramentas audiovisuais
Fuente: Amtega
Entre o 12 e o 28 de novembro, o Centro Demostrador acollerá tres sesións formativas dedicadas a diferentes ferramentas audiovisuais: Adobe Premiere Pro, Gimp e Inkscape.
 
Estas actividades enmárcanse no programa #MesD, que chega así á súa cuarta edición. 
 
A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web ou na aplicación do CDTIC.
 
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza a cuarta edición de #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes sesións formativas dedicadas a un tema concreto.
 
En novembro, #MesD centrarase nas ferramentas audiovisuais con tres actividades sobre os programas Adobe Premiere Pro, para a edición de vídeos; Gimp, para retoques fotográficos; e Inkscape, para deseño. Todas elas desenvolveranse nas instalacións do CDTIC en Santiago de Compostela en horario de 16.00 a 18.30 horas e están dirixidas a calquera persoa interesada que desexe mellorar as súas habilidades en calquera destes ámbitos. 
 
A primeira sesión, que impartirá o 12 de novembro César Domínguez Castro, estará dedicada a Adobe Premiere Pro 2016, unha ferramenta coa que as persoas asistentes poderán coñecer aspectos básicos para a realización e a edición de vídeos.
 
O segundo seminario, centrado en Gimp, chegará o 21 de novembro da man de Jorge Lama, e nel farase unha aproximación ao retoque fotográfico con esta ferramenta libre, versátil, fácil de usar e, ao mesmo tempo, potente.
 
Por último, o 28 de novembro chegará a quenda de Inkscape, sobre o que tamén falará Jorge Lama para dar a coñecer as vantaxes deste editor de gráficos vectoriais potente, cómodo e de código libre.  
 
Para participar nestas actividades cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/) ou a través da súa aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS. A inscrición é de balde ata que se cubran todas as prazas.
 
Programa  #MesD
 
O programa #MesD é unha iniciativa impulsada desde o CDTIC que consiste nun ciclo de sesións formativas sobre un tema concreto concentradas ao longo dun mes e cunha duración aproximada de dúas horas e media. 
 
Ata o momento organizáronse tres edicións do programa. A primeira delas, celebrada no mes de marzo de 2018, dedicouse ao marketing dixital; a segunda, no mes de xuño do mesmo ano, ao comercio electrónico; e en marzo de 2019, a última organizada ata o momento, centrada nas redes sociais.
 
Centro Demostrador TIC
 
O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Así, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías.
 

 

 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
3 + 3 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores