#MesD: Marketing dixital: Email marketing

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula CeMIT de Vigo (Rúa Oporto nº 1)
 
Ao finalizar esta sesión, o alumnado aprenderá os aspectos básicos necesarios para planificar e executar campañas de email marketing dentro da súa estratexia de marketing dixital. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Introdución ao email marketing
    • Que é e que non é email marketing?
    • Cando usar o email marketing?
  • Antes de enviar
    • A base de datos
    • Que tipo de software usar?
    • Lexislación: LSSI, LOPD e RPG
  • Construíndo o email
    • Tipos de email
    • Partes do email e as súas funcións
    • Cuestións técnicas ao construír o email
  • Despois de enviar
    • KPI e analítica básica
    • Entregabilidade
  • Resolución de dúbidas

 

IMPARTE:

Pablo Iglesias
É o responsable de deseño e marketing dixital en Krasis, onde leva más de dez anos deseñando e executando campañas de email marketing para proxectos propios e alleos, tanto de pemes como de multinacionais. 
 
É coautor do libro en castelán The emailing experience - 49 formas de dar en el blanco.
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital