#MesD: Marketing dixital: Marketing en redes sociais

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula CeMIT de Vigo (Rúa Oporto nº 1)
 
O obxectivo xeral da xornada é mostrarlles ás persoas asistentes o cambio producido por internet na comunicación en xeral e na comunicación profesional en particular, así como nos diferentes usos das ferramentas máis destacadas a nivel profesional. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Introdución: xa nada é como antes. Os cambios que internet produciu no mercado e a clientela
  • Internet e as redes sociais: unha oportunidade para pequenas empresas e profesionais
  • Uso das redes sociais e outras ferramentas de marketing en liña para o meu negocio
  • Facebook, Twitter, blogs, LinkedIn, Instagram etc.
  • Exemplos e casos de éxito no uso de internet a nivel profesional

IMPARTE:

Javier Varela
Consultor de marketing, estratexia e comunicación en Toctocmedia, axencia especializada en marketing, marketing en liña, estratexia e comunicación.
Interim Marketing Manager en Gradiant – Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. 
Consultor de marketing dixital colaborador de EOSA.
Administrador do blog de marketing The orange market
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital