#MesD: Marketing dixital: Marketing de buscadores. SEO e SEM

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula CeMIT de Vigo (Rúa Oporto nº 1)
 
O obxectivo da sesión formativa será ter un coñecemento profundo e unha ampla visión do funcionamento do marketing nos buscadores a través do SEO e o SEM. Ao finalizar a sesión saberás que é, como funciona, cales son as ferramentas e como podes conseguir os obxectivos da túa estratexia en liña no posicionamento da túa empresa. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Por que debo coñecer o funcionamento do marketing en buscadores.
  • SEO: posicionamento en buscadores. Axudemos a que a túa empresa teña un bo aspecto nos resultados de busca.
  • Estratexia SEO: como posiciono a miña empresa. Obxectivos, tarefas e resultados.
  • SEM: o marketing de pago en buscadores. Vantaxes (e inconvenientes) da publicidade en liña.
  • Estratexia SEM: como realizar as miñas campañas en liña. Ferramentas, tarefas e medición de resultados.
  • Exemplos e casos de éxito de pemes locais

 

IMPARTE:

Celso Gómez
É o director de operacións de Bonos Benestar, onde xestiona a estratexia, a comunicación e a comercialización do marketing.
 
Ademais, colabora nas operacións no Grupo Predomina desde 2014 e na xestión da estratexia en liña de Talaso Atlántico desde 2009 como Social Media Manager e Ecommerce.
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital