#MesD Multimedia: Iniciación ao retoque fotográfico con GIMP

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Para o correcto seguimento da sesión, recomendámoslle que traia o seu portátil                               

 
AFORO LIMITADO
 
As imaxes son un recurso utilizado en moitos medios, tanto impresos como dixitais, e unha forma de gardar os nosos recordos para que perduren no tempo. Pero as imaxes que obtemos das cámaras fotográficas na maior parte dos casos non as podemos usar directamente, necesitamos facerlles transformacións e adaptalas ás nosas necesidades.
 
Necesitamos dispor dunha ferramenta libre, versátil, fácil de usar e potente ao mesmo tempo como é GIMP.
 
Neste curso, búscase dotar as persoas participantes dos coñecementos e as habilidades necesarios para crear contidos e imaxes de calidade, a través de ferramentas dixitais de software libre de retoque e deseño fotográfico..

 

Para instalar os programas necesarios para seguir a sesión, prema aquí.

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Conceptos teóricos sobre luz e cor
  • Traballando con GIMP
  • Edicións básicas de fotografía
    • Recortes e rotacións
    • Brillo, contraste e saturación
    • Nitidez
    • Prácticas
  • Edicións avanzadas
    • Capas
    • Máscaras
    • Curvas
    • Prácticas
  • Tipos de licenzas para publicar e usar imaxes
    • Creative Commons

IMPARTE:

Jorge Lama

Jorge Lama, membro do equipo da Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega. Formador especializado en diferentes ferramentas de software libre, fotógrafo, videógrafo e divulgador da cultura libre a través de asociacións como Melisa, Bricolabs e proxectos como Xeración Ñu.
 

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital