#MesD: Comercio electrónico. As claves para o éxito

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n)
 
A sesión tamén se podrá seguir por videoconferencia nas seguintes aulas CeMIT:
 
Ao finalizar a sesión saberás que é, como funciona, e como podes conseguir os obxectivos da túa estratexia no tocante ao comercio electrónico para conseguir o máximo beneficio nas túas vendas en liña.
 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Momentum do comercio electrónico B2C en España
  • Claves dos modelos de negocio que funcionan e que non funcionan
  • Ecuación de ingresos e claves do marketing dixital
  • Ecuación de marxe e claves loxísticas e de medios de pago
  • Captación, conversión e seu custo

 

IMPARTE:

Carlos Otero Barros
Carlos Otero Barros foi CMO (Chief Marketing Officer) en MercadoFlotante.com, Rinodrill.com e Alotofus.com, consultor de planificación estratéxica e marketing dixital.
 
Profesor asociado en varias escolas de negocio ESIC, ICEMD, IESIDE, Eseune, USC.

Anteriormente foi Business Development Manager en Sun Microsystems, Operations Manager en Sun Educational Services.

Fundador da empresa de desenvolvemento de software Fractal Info Ingenieros e autor de numerosos plans estratéxicos.

Actualmente participa como director de contidos e startup coach na aceleradora Vía Galicia de Zona Franca de Vigo e a BFA.

Coautor dos libros ECommerce para PyMes (Cinco Días, 2013), Marketing de Moda (2013), Redes Sociales en la Empresa (Ra-Ma, 2011) e Redes de Ordenadores e Internet (Ra-Ma, 2010).

 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital