#MesD: Comercio electrónico. Campañas e promocións

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n)
 
A sesión tamén terá lugar a través de videoconferencia nas seguintes aulas CeMIT:
 
Ao finalizar a sesión saberás que é, como funciona, e como podes conseguir os obxectivos da túa estratexia no tocante á creación dunha campaña eficaz, que chegue ao público desexado e mellore a túa posición no comercio electrónico
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Metodoloxía para o deseño dunha campaña eficaz
  • Públicos e obxectivos
  • Mecánicas e premios
  • Influencia, gamificación e o noso comportamento irracional
  • Dinamización, estratexia e branded content

 

IMPARTE:

Alberto Lázaro
Director de TUAPLI, axencia especializada en fidelización, marketing dixital e punto de venda para cadeas de comercios e restaurantes, traballando con clientes como: Purificación García, Lizarran, 100 Montaditos, Cambalache, Bricoking, Santiveri, No+vello, YvesRocher, Midas, La Voz de Galicia, R, Boehringer, etc.
 
Comezou a súa carreira no sector industrial e telecomunicacións, en postos de informática, organización e desenvolvemento de negocio. En 2004 inicia a súa actividade como empresario con servizos de consultoría e servizos tecnolóxicos para franquías.

Docente en formación executiva e ponente en eventos relacionados co  Marketing, o Retail e o Emprendemento.
 

 

 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital