Mautic: Automatiza de forma sinxela as túas accións de marketing

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Santiago de Compostela CDTIC (Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo)
                                         

Mautic é a ferramenta que che vai permitir dar os primeiros pasos no marketing automation e integralo na túa estratexia de marketing; segmentar, automatizar e comunicar de forma personalizada e sinxela; ou mellorar a eficiencia das túas campañas e vender máis e mellor.

Todo centralizado nun só software que pode integrarse con multitude de servizos: ERP, CRM, clientes de correo etc.

 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación de Hacce
  • Posibilidades de Mautic no marketing automation
    • Que é? Definición do marketing automation
    • Que me pode resolver Mautic?
    • Vantaxes de Mautic para o teu negocio
    • Funcionalidades
    • Casos de uso
  • Demostración da ferramenta
  • Sesión de preguntas
  • Conclusión e contacto

IMPARTE:

Hacce
Hacce é unha axencia de interacción dixital en constante crecemento. Dende hai 15 anos dedícase ao desenvolvemento de plataformas dixitais que xeran interacción e estímulo entre marca e usuarios.

Deseñan sitios web, ecommerce, interface e aplicacións orientadas á conversión e á experiencia de usuario para clientes como Estrella Galicia, Abanca, RC Celta, Paco y Lola, Bodegas Ramón Bilbao, Petramora e outras moitas empresas, tanto de ámbito rexional como nacional.
 

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital