Marketing dixital para captar e fidelizar clientes

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Lugar de celebración: Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís (Rúa Terranova de Eirís nº 7, A Coruña)
 
O obxectivo xeral da charla é mostrarlles ás persoas asistentes como o comercio electrónico é a maior oportunidade das pemes para crecer en vendas. Pasou a hora na que simplemente había que estar en internet: agora é o momento de vender na rede. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Marketing. Orixe e concepto. A visión de marketing. O marketing na empresa
  • Plan de Marketing. Os 4 P tradicionais. Os novos 4 P (ou seis!)
  • Momentos da verdade antes e despois de internet. M1 e M2. Momento Zero (ZMOT)
  • As estratexias e as tácticas. As ferramentas
  • A sala de vendas (a tenda en liña). Automatización
  • O blog como fidelización e posicionamento
  • O emailing como fidelizador e vendedor en quente
  • Redes sociais e foros especializados
  • Publicidade en liña en Adwords (search & display) e Faceads
  • Marketing con videocanles

IMPARTE:

Manufacturas de Internet
Manufacturas de Internet é a marca comercial baixo a que Miguelangel López desenvolve a súa actividade desde 1999, fabricando tendas en liña que venden e páxinas web que xeran clientes, sempre desde un punto de vista de marketing e coa rendibilidade como obxectivo prioritario.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital