Marketing de contidos: redes sociais, monitorización en liña e email marketing

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

AFORO COMPLETO
 
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula Cemit de Vigo (Rúa Oporto nº 1)
 
O obxectivo deste programa é mostrarlles aos asistentes as vantaxes do marketing dixital na estratexia de comunicación da empresa.
 
Ao longo das sesións verán casos prácticos de aplicación de todo o exposto nelas. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 10.00 Introdución e mapa 2.0
  • 10.20 Social media plan e marketing de contidos
  • 10.45  A figura do community manager ou social media strategist
  • 11.00 Redes sociais: tendencias, boas prácticas e monitorización
  • 12.00 Email marketing. Como definir unha campaña
  • 13.00 Caso práctico 1: selección de redes sociais para a miña empresa, estratexia de contidos
  • 13.30 Caso práctico 2: configuración dunha campaña de email marketing
  • 14.00 Peche da sesión

IMPARTE:

Javier Varela
Consultor de Marketing, Estratexia e Comunicación en Toctocmedia, axencia especializada en mercadotecnia e comunicación en liña.
 
Traballou en multitude de proxectos de marketing e marketing en liña para importantes marcas e empresas privadas, así como para institucións públicas. Entre eles, desenvolveu e colaborou en accións para Volkswagen, Absolut, Telefónica, Iberia, Havana Club, Gradiant, Fundación Altius, Lizarrán, Albariño Paco & Lola, Conservas Calvo, Meubook, AERCO, Igape, Femxa, Empresa e Finanzas Galicia, e participou en dinamización de campañas na web 2.0 para empresas como Destinia, Monster, McDonalds, Noogle, Spoonch, Escola de Creativos Complot de Barcelona etc.
 
É relator habitual en foros e congresos de mercadotecnia, así como formador nesta disciplina en diferentes centros e escolas de negocios. É administrador do blog The orange market.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital