Marketing dixital: filosofía, fundamentos e planificación. O mapa dixital

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula Cemit de Vigo (Rúa Oporto nº 1)
 
O obxectivo deste programa é mostrarlles aos asistentes as vantaxes do marketing dixital na estratexia de comunicación da empresa.
 
Ao longo das sesións veranse casos prácticos de aplicación de todo o exposto nas sesións. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 10.00 Panorama do mundo dixital
  • 10.20 Escenario actual da comunicación de marca e o novo consumidor
  • 10.45  Fundamentos do marketing dixital
  • 11.00 O plan de marketing dixital. Mapa dixital
  • 12.00 A web ou a tenda en liña como centro da estratexia
  • 13.00 Caso práctico: definición do plan de marketing dixital da miña empresa
  • 14.00 Peche da sesión

IMPARTE:

Fuencisla Cid
Bachelor in Business Administration pola Universidade de Gales e a Escola de Negocios Afundación. Mestrado en Dirección e Xestión de Comunicación, Marketing e Publicidade polo Istituto Europeo di Design. Mestrado en Investigación en Comunicación e Suficiencia Investigadora para a investigación doutoral pola Universidade de Vigo. Consultora certificada en Creative Problem Solving pola Creative Education Foundation. Socia e secretaria xeral da Asociación de Directivos de Comunicación na súa delegación de Galicia. Membro da Vogalía de Comunicación Institucional de Dircom. Socia de APG España (Account Planning Group). Actualmente é directora de Comunicación e consultora en EOSA.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital