O desenvolvemento da marca. A marca dixital

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Os asistentes poderán descubrir o novo paradigma da comunicación e o enfoque da comunicación e o marketing dixital; coñecer as tendencias actuais; aprender a atopar o valor e definir unha mensaxe diferenciadora para a empresa; desenvolver unha visión estratéxica da comunicación baseada no valor; entender, desde unha visión global, cal é o modelo comunicacional da empresa; desenvolver a metodoloxía para a planificación da comunicación empresarial; e valorar a importancia do ámbito dixital. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • O sistema corporativo
  • O branding e a construción de marca 
  • A marca dixital
  • Pausa
  • O manual de identidade corporativa e as súas aplicacións
  • O desenvolvemento gráfico e publicitario da marca en liña e fóra de liña
  • Peche da sesión

IMPARTE:

Irene Saíñas
Grao en BBAA e Mestrado en Dirección de Arte en Publicidade.
Desenvolve o seu traballo como deseñadora multimedia e en dirección de arte, realizando labores de organización da produción gráfica e editorial, elaboración de material promocional, creación e deseño
de páxinas web, produción de identidades corporativas e seguimento de campañas publicitarias.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital