Marca persoal e identidade dixital. Aprende a construír e a usar a túa marca persoal en internet

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

O obxectivo xeral da charla é mostrarlles ás persoas asistentes a importancia de ter que traballar a súa propia marca persoal para saír ao mercado (neste caso, ao mercado laboral) como un produto individual diferenciado. Trátase de que mostren as súas características, propiedades e vantaxes, conseguindo destacalas e desta forma facelas visibles nun mundo cada vez máis competitivo e global.
 
Tamén se pretende mostrarlles ás persoas asistentes as ferramentas, os escenarios e as linguaxes apropiadas para xestionar a súa identidade dixital profesional como a mellor forma de dirixir a súa carreira cara aos obxectivos que se marquen, así como atopar un traballo que se adapte ás súas características profesionais. 
 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Que é unha marca persoal?
  • Beneficios de ter unha marca persoal
  • Creando a miña marca persoal: EU
  • Plan de comunicación da miña marca persoal

IMPARTE:

Javier Varela
Consultor de Marketing, Estratexia e Comunicación en Toctocmedia, axencia especializada en mercadotecnia e comunicación en liña.
Traballou en multitude de proxectos de marketing e marketing en liña para importantes marcas e empresas privadas, así como para institucións públicas. Entre eles, desenvolveu e colaborou en accións para Volkswagen, Absolut, Telefónica, Iberia, Havana Club, Gradiant, Fundación Altius, Lizarrán, Albariño Paco & Lola, Conservas Calvo, Meubook, AERCO, Igape, Femxa, Empresa e Finanzas Galicia, e participou en dinamización de campañas na web 2.0 para empresas como Destinia, Monster, McDonalds, Noogle, Spoonch, Escola de Creativos Complot de Barcelona etc.
É relator habitual en foros e congresos de mercadotecnia, así como formador nesta disciplina en diferentes centros e escolas de negocios. É administrador do blog The orange market.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital