Xornadas profesionais da Maker Faire Galicia

Xornadas demostradoras
Descrición:

STREAMING E SANTIAGO DE COMPOSTELA
 
O Centro Demostrador TIC da Amtega participará activamente na Maker Faire Galicia retransmitindo por “streaming” as xornadas profesionais que terán lugar na Cidade da Cultura os días 3, 4 e 5 de xullo. 
 
Estas tres xornadas, enfocadas ao público profesional, centraranse en temáticas clave para o futuro da industria e a innovación con relatorios e mesas de debate onde a robótica, o open data ou a ciberseguridade son algúns dos temas a tratar.
 
Para máis información pódese visualizar o video da sesión #DemosXWeb: Presentación da Semana Maker e da Industria 4.0 cdtic.xunta.gal/presentacionmakerfaire na que os organizadores explican todos os detalles da feira.
 
As inscricións presenciais son a través da páxina de APDhttps://www.apd.es/jornada-empresas-con-alma-startup/
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 3 de xullo: Enerxía, Mobilidade e Intelixencia Artificial
  • 4 de xullo: Robótica, Ciberseguridade e Open Data
  • 5 de xullo: Makers, Aceleradoras e Industria 4.0

ORGANIZAN:

APD, Xunta de Galicia, Igape, Fundación Cidade da Cultura, Concello de Santiago, CFG
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital