Descubre o correo electrónico intelixente Mailbor

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís (R/ Terranova de Eirís nº 7. A Coruña)
 
O obxectivo da sesión é presentarlles ás empresas unha solución que lles permitirá xestionar mellor a súa documentación dixital. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Xestionar o correo electrónico dunha maneira máis eficaz
  • Inventar contas de correo electrónico e a súa finalidade
  • Atopar axiña os correos e os arquivos que necesitamos
  • Enviar mensaxes de correo electrónico de gran tamaño
  • Enviar mensaxes de correo electrónico con confirmación de identidade
  • Compartir as contas de correo con outros usuarios
  • Compartir arquivos con outros usuarios
  • Aloxar arquivos en Mailbor
  • Recibir mensaxes de correo electrónico privadas
  • Facer secuencias automáticas e manuais cos correos electrónicos e arquivos

IMPARTE:

Mailbor
Mailbor, a través do seu CEO Ricardo Villa, será quen nos mostre o xestor de correo electrónico intelixente, unha creación que achega solucións innovadoras para a xestión dos correos electrónicos e os arquivos en empresas e particulares.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital